lunes, 17 de noviembre de 2008

Iníciase unha viaxe que comezou hai moito tempo...Nesta ocasión, a nave vai ser a materia de Literaturas Hispánicas, as coordenadas, sempre as mesmas: "xiros-altazor". Descubrilas forma parte da ruta, do xogo, da propia viaxe...A Literatura será sempre o camiño,ese triste camiño que leva a todas partes, según dicía Breton.
Quere ser este espazo unha mostra dos traballos de alumnos e alumnas, traballos que , dalgún xeito, mostren o seu proceso de aproximación á Literatura. O proceso será lento pero terá sentido... cando cheguen a entender que "Hay palabras que tienen sombra de árbol", "Otras que tienen atmósfera de astros" "Hay palabras con imanes que atraen los tesoros del abismo" "Otras que se descargan como vagones sobre el alma"...
O achegamento á literatura vaise facer tanto dende a perspectiva de estudioso ou estudiosa da mesma, como dende a faceta de creación, a partir do estudo dos autores e das propostas destes, na reflexión sobre os seus propios procesos de creación, coa intención de que quen chegue a este blog poida encontrar algo do seu interese. Sobre todo, despertar curiosidade por entrar no universo literario. En fin, veremos o que o tempo nos depara...